CCOO del Hábitat | 3 mayo 2024.

CCOO alerta da indefensión das auxiliares de axuda o fogar ante as acusacións falsas de usuarios ou entorno familiar

    CCOO lamenta a desprotección por parte de empresas e administracións, e fata de formación e información as familias. 

    01/04/2024.
    CCOO alerta da indefensión das auxiliares de axuda o fogar ante as acusacións falsas de usuarios ou entorno familiar

    CCOO alerta da indefensión das auxiliares de axuda o fogar ante as acusacións falsas de usuarios ou entorno familiar

    O último caso acontecido en CASTROVERDE-LUGO súmase o longo goteo de falsas acusacións de roubo por parte de usuarios, en moitas ocasións motivados polas enfermedades que padecen. Son xa moitos os casos donde as auxiliares son acusadas de roubos dentro dos domicilios e acaban sendo retiradas as denuncias cando as familias atopan os cartos ou obxetos. 

    As administracións deben alertar das caracteristicas de certas enfermedades, que en ocasións fan que usuarios/as acusen a traballadoras ou familiares de apropiarse de cartos e obxetos. Esta formación e información evitaría denuncias por parte de familiares, sin fundamento, nin probas. 

    Dende CCOO Hábitat Galicia solicitase a máxima rigorosidade por parte das empresas, administracións, e medios de comunicación. 

    No último caso acontecido en CASTROVERDE anunciaron que foi a Traballadora Social do concello, marcando a unha traballadora , ainda que rápidamente o propio Concello saliu a desmentilo, o certo e que aclarado o tema, acusase a unha auxiliar de axuda o fogar. 

    O Concello de Castroverde acaba de anunciar que apareceron os cartos no propio domicilio e a familia retirou a denuncia, pero en ningún momento se piden as mínimas disculpas nin se repara o dano causado a auxiliar falsamente acusada. 

    CCOO apoiou e asesorou dende o primeiro momento a auxiliar afectada, dando apoio xurídico, ainda que consideramos que ante o aumento de falsas denuncias, deben ser as propias empresas as que teñan un gabinete de defensa das súas traballadoras. 

    CCOO considera inadmisible que as empresas non defendan as súas traballadoras, que teñen que soportar gastos de avogados e procuradores o ser procesos penais, sin que nadie lles de apoio. 

    CCOO Hábitat, solicitara o Concello de CASTROVERDE que tal e como emitiu comunicado para desmentir que a investigada fose a traballadora social do concello, emita un comunicado, para anunciar a retirada de denuncia, e a falsedade dos feitos imputados a auxiliar de axuda o fogar.